HISTORIA DA PATACA
A pataca é orixinaria dos Andes chileno-peruanos (América) e chegou a España en 1560, pero empregábase como pranta decorativa, non comestible. Coñecida como “raíz do diaño”, tivo que gañarse a confianza dos europeos para formar parte da nosa gastronomía. As pragas que asolaron os castiñeiros no século XVIII axudaron a consolidar o seu consumo, xunto ás súas propiedades e ao seu sabor. Hoxe en día non podemos imaxinar a nosa dieta sen ela.
VARIEDADE
Das múltiples variedades existentes, en Casa da Tulla cultivamos a pataca Kennebec, con tres calibres diferentes, e a ‘Fina de Carballo’, con dous. Esta última é unha variedade autóctona da zona de Bergantiños, caracterizada pola súa excelente calidade, dificilmente superada por outras variedades máis modernas. As nosas sinais de identidade son a produción artesanal e a aposta pola calidade, ao abeiro da Indicación Xeográfica Protegida (I. X. P.) ‘Pataca de Galicia’.
QUENES SOMOS
Todo comezou hai tres xeracións, cando os nosos avós adquiriron as terras que levaban anos traballando. Primeiro eles e logo os nosos pais dedicáronse á actividade agraria e gandeira. Desde os anos 70, pouco a pouco. introduciuse na zona o cultivo da pataca ao abeiro do Ministerio de Agricultura, que formou aos produtores da zona. A nosa explotación participou na produción de pataca de sementeira certificada, así como na creación dunha cooperativa de produtores de pataca de sementeira.
En 2004 apostamos pola produción da variedade Kennebec, e en 2008 adherímonos á Indicación Xeográfica Protexida ‘Pataca de Galicia’, que certifica a excelencia dos nosos produtos.
Na actualidade cultivamos 10 hectáreas de patacas da máxima calidade, Kennebec e ‘Fina de Carballo’.
VALORES
Recollemos e envasamos a man os nosos produtos.
Coidamos ao máximo as nosas variedades, que non soportarían un proceso mecanizado.
Conservación natural.
As nosas patacas non teñen conservantes engadidos.
Produto de tempada.
Só producimos pataca nova ou fresca, natural, sen antixerminativos.
Colleitamos as nosas propias patacas en leiras de secaño. Garantimos a trazabilidade ao 100%.
Sen intermediarios.
Comercializamos directamente ao cliente final, para garantir as mellores condicións e calidade dos nosos produtos.
Coristanco 100%.
Orixe certificada. Toda a nosa produción está radicada en Coristanco, na comarca de Bergantiños, na provincia da Coruña.
ONDE ESTAMOS
HISTORIA DA CASA
As terras que hoxe compoñen a nosa explotación, como a maioría das da nosa contorna en Coristanco, pertencían a unha familia que habitualmente residía en Madrid e que as arrendaba para o seu cultivo. A nosa familia era unha das que traballaba esas leiras.
ENTORNO
Coristanco, en Carballo (A Coruña), asociase ás patacas de calidade, e nós non iamos ser menos. Aproveitamos a gran riqueza dos nutrintes que nos regala este chan para cultivar as nosas variedades de patacas.
BLOGS
NA COCIÑA
A pataca é un dos ingredientes estrela dun sinfín de receitas: como protagonista e tamén como acompañamento de luxo. Aquí che descubrimos novas formas de saborear as nosas preciadas patacas. Agardamos que desfrutes tanto preparando estas elaboracións coma nós cultivándoas para ti.
NO CAMPO
A fusión da sabedoría tradicional, a experiencia da nosa familia e a aposta pola innovación en maquinaria aplícanse día a día no cultivo e na conservación dos nosos produtos. ¿Queres aventurarte a descubrir o proceso?
TENDA
981 733 159
info@casadatulla.com
Se queres facer un pedido ou informarte sobre
o proceso non dubides en contactarnos
CONTACTO
Casa da Tulla
Lugar do Podrizo, 9 – Oca
15147 – Coristanco (A Coruña)
info@casadatulla.com
(+34) 981 733 159
(+34) 678 611 684
Wordpress themes JazzSurf