variedades-compressor

VARIEDADE

Das múltiples variedades existentes, en Casa da Tulla cultivamos a pataca Kennebec, con tres calibres diferentes, e a ‘Fina de Carballo’, con dous.

Esta última é unha variedade autóctona da zona de Bergantiños, caracterizada pola súa excelente calidade, dificilmente superada por outras variedades máis modernas. As nosas sinais de identidade son a produción artesanal e a aposta pola calidad, ao abeiro da Indicación Xeográfica Protegida (I. X. P.) ‘Pataca de Galicia’.

VARIEDADE

Patata Kennebec

De tamaño medio-grande, a Kennebec é unha pataca semitardía que se caracteriza por unha pel grosa de cor amarela clara e pola súa carne blanca. A forma é ovalada ou elíptica achatada, e os seus ollo son superficiais. É deliciosa, se prepare como se prepare, e é moi versátil: para facer ao forno, á grella, para fritir…, aínda que se recomenda cocida, porque a súa carne é firme e non se rompe, algo especialmente importante se se emprega como guarnición ou en ensaladas.

Se se cocen solas, é moi importante deixalas coa pel para que conserven todo o seu sabor e os seus compoñentes nutricionais. Ao forno, como patacas “panadeiras”, para consumilas directamente acompañadas de salsa ou simplemente de sal e pementa… o resultado é sempre excepcional.

Fina de Carballo

En canto á “Fina de Carballo”, é unha das catro variedades autóctonas de Galicia, en proceso de recuperación e rexistrada comercialmente. De forma oblonga, a cor da súa pel é dun branco crema; de carne branca e ollos máis profundos que a Kennebec. E algo máis difícil de debullar, pero compensa polas cualidades na mesa.

Moi coñecida polos consumidores locais como unha pataca de calidade excelente, cunha textura tamén firme tras a cocción e considerada superior en canto a propiedades organolépticas. Por todo isto, non é de estrañar que aumente a súa demanda.

Wordpress themes JazzSurf