ONDE ESTAMOS

HISTORIA DA CASA

As terras que hoxe compoñen a nosa explotación, como a maioría das situadas na nosa contorna en Coristanco, pertencían a unha familia que habitualmente residía en Madrid e que as arrendaba para o seu cultivo. A nosa familia era unha das que traballaba esas leiras.

Os cereais almacenábanse en
zonas coñecidas como tullas

Ata hai non moitos anos, os arrendamentos abonábanse en especie, sobre todo en trigo ou en millo. Estes cereais almacenábanse nunhas zonas coñecidas como ‘tullas’. Os arrendatarios dos arredores viñan pagar as súas rendas ao que hoxe é a nosa ‘tulla’, e nela tamén residían os señores cando viaxaban a Galicia. Por iso se coñece como Casa da Tulla ou Casa Grande de Podrizo, porque centralizaba os pagos dos predios colindantes e era un lugar de reunión e encontro.

Convidámoste a descubrir a nosa historia, a que que se agocha entre os seus protectores muros.

ENTORNO

Coristanco, en Carballo (A Coruña), asociase ás patacas de calidade, e nós non iamos ser menos. Aproveitamos a gran riqueza dos nutrientes que nos regala este chan para cultivar as nosas variedades de patacas.

As nosas terras son
idóneas para cultivar patacas
frescas da máxima calidade

Casa da Tulla está situada nunha das mellores terras para producir pataca fresca de máxima calidade. Empregamos os recursos da nosa contorna de xeito sustentable para ofrecer un produto diferenciado. Ademais, apostamos pola recuperación das técnicas de produción do pasado (rotación de cultivos, recolección e conservación manual…) e só envasamos a nosa produción, que está amparada pola Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, garantindo así a excelencia dos nosos produtos.

¡Visítanos e compróbao ti mesm@!

Wordpress themes JazzSurf