VALORES

Toda a nosa produción radica en Coristanco, na comarca de Bergantiños, na provincia da Coruña. Grazas a iso, podemos certificar a súa orixe; o noso produto é Coristanco 100%.

Cultivamos as nosas propias patacas en leiras de secaño e recollemos e envasamos a man todos os nosos produtos, aplicando as técnicas de produción de outrora. Un dos nosos obxectivos é coidar ao máximo as nosas variedades, que polas súas características non soportarían un proceso mecanizado.

 

Ofrecemos un produto diferenciado, sustentable e de tempada, porque só producimos pataca nova ou fresca, natural, sen conservantes engadidos; tampouco usamos ningún antixerminativo.

Ademais, comercializamos directamente ao noso cliente final; non traballamos con intermediarios, o que nos permite garantir as mellores condicións e calidade dos nosos produtos, así como a súa trazabilidade ao 100%.

Wordpress themes JazzSurf