

Ademais de posuír un espectacular sabor, as patacas son fonte de vitaminas B6, C e B1; tamén achegan ferro, potasio, fibra, magnesio, zinc e cobre, ácido fólico e carbohidratos.
Cocidas ou asadas, son un alimento practicamente libre de graxa: unha ración media de patacas cocidas sen pel (180 gramos) contén unhas 140 calorías, contido enerxético moi inferior ao da mesma cantidade de pasta ou arroz.
A vantaxe da pataca é que, ademais de carbohidratos, achega unha cantidade considerable de micronutrintes como aminoácidos lisina e triptófano; xunto á fibra, que facilita a dixestión: unha ración de 180 gramos de patacas cocidas proporciona 3 gramos de fibra, o que representa máis do 10% do consumo diario recomendado.
Tamén son unha fonte de vitamina C. A mesma ración media contén uns 10 mg, unha octava parte das necesidades dunha persoa adulta. As patacas novas conteñen o dobre desta cantidade, así que axudan a ter pel, dentes, encías, músculos e ósos saudables, e tamén contribúen á absorción do ferro procedente de fontes vexetais.
Non só iso: este marabilloso tubérculo contén varias vitaminas do grupo B. Unha ración media posúe máis dunha sexta parte das necesidades diarias dun adulto das vitaminas B1, B6 e folato, que xogan un papel importante no metabolismo dos carbohidratos para proporcionar enerxía e manter a saúde da pel e o sistema nervioso.
Ademais, son unha boa fonte de potasio, fundamental no proceso de contracción muscular, transmisión de impulsos nerviosos e regulación da presión arterial. E case non conteñen sodio.
Wordpress themes JazzSurf